Marnotes insta a ceder a recadación á Deputación
SERVIZOS
A institución provincial está disposta a asumir o servizo excepto a recadación das multas de tráfico
O grupo municipal do PP de Carballiño rexistrou un escrito no Concello para solicitar da Alcaldía que o servizo de recadación sexa público e municipal ao menor tempo posible. Para elo, considera que se debe delegar na Deputación provincial dito servizo a excepción do relativo ás multas de tráfico, coa sinatura dos convenios precisos.
Nese sentido, os populares tamén piden que se lle comunique á empresa privada actualmente concesionaria que seguirá en precario, mentres non se transfiren os datos e ficheiros necesarios á institución provincial e mentres o Concello non se fai coa xestión das multas de tráfico.
Finalmente, este grupo da oposición insta a traballar ao goberno municipal na preparación de persoal existente ou prazas de nova creación para facer este servizo municipal, na súa totalidade, canto antes.
O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, puntualiza que a proposta do seu grupo está adaptada ás posibilidades que ofreceu a Deputación para facerse cargo da recadación.
Marnotes recorda que nun pleno do pasado mes de outubro decidiuse non admitir a proposta do seu grupo, "se ben, quedouse de tomar unha consideración en función do que presentase por escrito a propia Deputación sobre o que asumiría ou non", referíndose a que a institución provincial está disposta a encargarse da recadación do concello, exceptuando a relativa ás multas de tráfico en voluntaria e en executiva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga