Moción do BNG para acabar co chabolismo no Carballiño
URBANISMO
Os concelleiros nacionalistas trasladaron este problema a Valedora do Pobo, que ofreceu todo o seu apoio para atopar unha solución.
O grupo municipal do BNG no Carballiño presentou unha moción para o seu debate polo pleno da corporación, que ten como obxectivo a erradicación do chabolismo no Concello. Lembra o grupo nacionalista que xa amosou distintas iniciativas dirixidas á erradicación do poboado da Fontela, asentamento que está no termo municipal de Maside, pero que afecta moi notablemente a Carballiño.
Sinala o BNG que tamén no seu día se chegaron a adoptar acordor que parecían abordar este problema "con seriedade, máis a realidade manifesta que a situación persiste cada ano". Por isto, hai uns días os concelleiros nacionalistas trasladaron este problema a Valedora do Pobo, que ofreceu todo o seu apoio para atopar unha solución.
Agora, o grupo municipal nacionalista propón ao pleno tres medidas: que o Concello do Carballiño se dirixa á Consellería de Política Social para tentar acabar co chavolismo na Fontela; que o Concello carballiñés se dirixa ao de Maside, para que aborde unha acción semellante ante Política Social, e traslador o acordo á Valedora do Pobo, pedíndolle o seu apoio e mediación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos