Música, teatro e recordo ás vítimas con motivo do 25-N
O Día Internacional contra a Violencia de Xénero impulsa numerosos actos nos concellos e tamén nos centros educativos. En Piñor, ademais do contacontos “Aprendendo a querer” e do xogo “Coñece o teu Concello: Piñor+Igualdade”, está previsto o taller para nenos de 10 a 17 anos, “A violencia de xénero no novo contexto dixital”, que terá lugar o próximo 3 de decembro.
En Boborás, o Concello ofrece unha actuación de folk galego do grupo Caldo, que terá lugar o día 27 de novembro, ás 18,30 horas na Saleta. Asimesmo, no Carballiño haberá un acto institucional o 25 de novembro, ás 12,00 horas, no salón de plenos. Tamén o día 25, o IES Chamoso Lamas desenvolverá un acto con lectura dun poema e carta homenaxe ás víctimas; a exposición de pancartas conmemorativas do día; lectura dos nomes das persoas falecidas durante este ano e unha performance do grupo de teatro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
TRAYECTORIA LITERARIA
La escritora española Cristina Fernández Cubas gana el Premio Cervantes 2026
XENTES POPULARES
A forza da transmisión