Nós volve ao Camiño
Ínsua dos Poetas
Unha representación teatral recorda o 95 aniversario da peregrinaxe que fixeron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez.
A Insua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, é o escenario dunha representación teatral a cargo dun grupo de actores profesionais e dirixidos por Rosa Puga Dávila, sobre o camiño que realizaron a pé sete membros da Xeración Nós dende Ourense a Santiago de Compostela. Celebran así o 95 aniversario da peregrinaxe que fixeron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez.
A idea xurdiu do presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, en colaboración coa actriz e directora teatral Rosa Puga, a partir das crónicas da viaxe que publicou Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927.
A representación céntrase na estancia dos peregrinos no Carballiño despois de recorrer a primeira etapa do camiño, escenificando as súas aventuras e o aloxamento no Hotel Carlos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último