FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
As festas patronais do Carballiño contarán con cinco orquestras, entre elas a Panorama e o grupo Assia, ademais de Status, Ritmo Joven e Fuerza Nueva. Unha vez máis, desde a organización decidiuse que as actuacións comecen xa pola tarde, co fin de facilitar ó público infantil e ó de maior idade a oportunidade de disfrutar dos espectáculos. Ademais, actuará o grupo galego The Tetas’ Van, que realiza versións de clásicos do rock and roll, en inglés e en galego.
No apartado de bandas de música, as festas contarán ca Agrupación Musical de Boborás e, o día do patrón San Cibrao, coa Agrupación Musical da Limia. Así mesmo, actuarán as charangas Dr. Anchoa, CLK ou Castro Bello, e grupos de música tradicional galega.
O día de feira, o 16 de setembro, será o da tradicional gran tirada de fogo fixo e voador, no Parque municipal e os nenos tamén terán unha festa infantil o día 18, festivo local. Nesta xornada poderán desfrutar dun baile a cargo de DJ.Tibu e da recuperación de xogos tradicionais.
Nesta edición cóntase con dúas concentracións de coches, actuacións das corais da vila, exposicións fotográficas, un torneo de xadrez, fútbol e a tradicional Romaría da Saleta, ademais da Feira de Artesanía Pepa Loba, que inaugura as festas esta próxima fin de semana, no Barrio de Flores.
A comisión organizadora recorda que este sábado estará na Praza Maior, de 16,30 á 20,30 horas, e o domingo de 10,30 ás 14,00 horas, co fin de facilitar á veciñanza que fagan as aportacións económicas á festa e así recoller o tradicional libro, que este ano inclúe colaboracións de varios escritores da vila que publicaron recentemente e con fotografías antigas de familias, “pandillas” e persoeiros históricos, grazas á colaboración de José Luís Diz, autor tamén do cartel.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
ADERCOU Y SIL BIBEI NAVEA
Los GDR defienden la candidatura de la Ribeira Sacra en la Unesco
MÁS DEPORTE
Reyes y reinas de la doma en Galicia