FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
PREMIO DA NOVELA DE GALIZA RURAL
“El caso Salgueiro” ou “A agonía das folerpas”, en galego, nace tras unha desición do seu autor, Óscar Reboiras, de vir a coñecer o interior de Galicia. Sendo él da zona de Rianxo, consideraba que o sur de Ourense tiña moitos “deses bosques milenarios inalterados e tranquilos que a min tanto me gusta percorrer, xa que mezclan esa natureza maxestúosa, con pobos e aldeas cuxas casas de pedra rezuman historia e coñecemento”.
Foi así , paseando polos camiños do concello de Muíños, como “Òscar se namorou da contorna e concretamente do pobo de Salgueiro, que lle diu pé a ambientar a súa novela na provincia ”, según explica o seu amigo e escritor Óscar M Gúzman, que veu a Carballiño a falar da novela de Óscar Reboiras no “Ozoco”.
A novela foi escrita en galego e publicada na editorial Galaxia, gañando o Premio da Novela da Galiza Rural en San Xoán de Río. Esa primeira vida levou á segunda tras ser publicada por Alfaguara en castelan e esgotar 7 edicións, para voltar a ter unha nova vida en galego cun interese renovado do público.
Reboiras conta que “para unha novela de intriga non había mellor escenario que Salgueiro, polo seu pasado como ‘A banca do Xurés’, por ter veciños prestamistas, e polo seu presente, como pobo abandoado que foi comprado pola Xunta, para voltar a quedar esquecido trala crise do 2008”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
LA COMISIÓN DE FIESTAS
Sampaio anima a degustar cocido en carpa calefactada
FESTIVAL MÁXICO SAN JUAN BOSCO
O Carballiño se abrirá a la magia el 30 de enero
Lo último
RELACIONES INTERNACIONALES
Cantabria explora nuevas oportunidades comerciales con El Salvador
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 5 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 5 de febrero, en Ourense