As piscinas municipais do Carballiño disporán de máis zonas verdes e un acceso para emerxencias

O concelleiro de Turismo e Deportes do Carballiño, Xosé Manuel Dacal, visitará o vindeiro mércores as obras de reforma integral das piscinas municipais que está a executar a empresa Agrupconsa cun orzamento superior ós 830.000 euros.

LR
Publicado: 16 ago 2009 - 12:47 Actualizado: 10 feb 2014 - 23:41

Nestes traballos contémplase a plantación de novo céspede a fin de incermentar a superficie de espazos verdes no recinto, que dende hai 35 anos estaba parcialmente cuberto con lousas de pedra. Ademais desta mellora, a constructora abrirá unha pista de acceso ás instalacións, ‘para facilitar a entrada dunha ambulancia ou dun vehículo de extinción no caso de calquera emerxencia’, sinalou o responsable municipal. Dacal confirmou que ‘vai ser moi difícil que as piscinas poidan abrir este verán, xa que é precisa unha inspección sanitaria previa das augas’.

Contenido patrocinado

stats