Podemos pide coñecer o mapa da fibra óptica no Carballiño
O Círculo Podemos O Carballiño vén de rexistrar unha petición para que o Concello clarifique as rúas nas que a empresa Telefónica levará a cabo a instalación da fibra nas zonas peor conectadas do municipio a través do programa UNICO de Universalización de infraestruturas dixitais para a cohesión.
O Círculo valora moi positivamente o investimento do Goberno de coalición para executar esta intervención. “É unha boa nova que un goberno con Podemos responda a demandas históricas sobre o acceso a internet da veciñanza”, declara o portavoz, Manuel Nogueira, quen considera que “o Goberno de coalición está a dar un paso importante para a universalización do acceso a internet na nosa vila e en outras moitas”.
Por iso, dende Podemos O Carballiño presentan unha petición ao Goberno local para que informe das rúas nas que se efectuará esta intervención e comprobar así “se as necesidades de conexión a internet se verán íntegramente satisfeitas”, engade Manuel Nogueira.
No caso de que haxa zonas que non estean contempladas no programa do Goberno do Estado, Podemos pediralle ao Goberno municipal que busque solucións paralelas ao plan UNICO, co fin de que toda a veciñanza poida desfrutar da conexión a internet “independentemente de que viva no centro ou no rural”, conclúe o portavoz do Círculo Podemos
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último