O Potiños mostra o triángulo termal do Carballiño en fotos
A exposición pódese ver durante o mes de xaneiro na Casa do Concello xunto con outras en distintos lugares da vila
Expo Carballiño Vila Termal é o novo traballo da Asociación Fotográfica O Potiños que está a disposición do público na Casa do Concello do Carballiño durante este mes de xaneiro.
A entidade conta para esta exposición coa colaboración da Concellería de Cultura e con ela pretende mostrar “a fermosura, a emoción e a maxia do triangulo termal”, do que forman parte o Gran Balneario do Carballiño, que no ano 1816 as súas augas xa foron declaradas de utilidade pública; o Balneario das Caldas de Partovia, que conta coa declaración desde 1928 e son consideradas as súas augas das mellores de Galicia; e o Bañiño de Arcos, o manantial público da vila. Trátase dunha posta en valor da provincia termal en xeral e en particular do Carballiño cunha longa tradición no sector.
Outras exposicións que ten en marcha o Potiños son: “O Mar” de Os Negativos de Ferrol, que se pode ver no Casino; no Asador Veracruz está “Contraluces” de O Potiños; no Hotel Arenteiro están as imaxes de Alba Pereira; no Cafe Peñasco as do “Carballiño Concurso Libre”; no Café Plaza “Contraluces”; na Rua Principal “FotoForum” de Santiago Pazado; na Alamuzara “A Insua dos Poetas” de O Potiños; no Doctor Café “Descrenza” e en Cosaga Ourense “Galicia Baleirada”, as dúas tamén da Asociación Fotográfica O Potiños, organizadora de todas estas exposicións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último