O PP pide explicacións sobre os cobros do lixo en Arcos
O grupo municipal do PP do Carballiño afirma que nestes días están chegando por correo certificado aos veciños de Arcos cartas de pago, esixindo 234,24 euros correspondentes ao lixo entre os anos 2016 e 2019. “E esas cartas de pago van acompañadas dunha carta sen asinar por ninguén, na que indican que feitas as consultas na FEGAM a xente experta no tema tributario considera que non existen elementos nin xurídicos nin de feito que poidan avalar a non recadación das liquidacións de atrasos da taxa emitidas, polo que se consideran correctas. E remata dicindo que resulta axustada a dereito a liquidación de atrasos da taxa pola recollida do lixo, polos exercicios de 2016 a 2019, cuxo pago debe ser asumido polos contribuíntes suxeitos pasivos da taxa beneficiaria do servizo”, sinalan os “populares”.
Este grupo lembra que nun pleno acordouse solucionar a situación xa que ata o 2020 os afectados considerábanse exentos desta taxa e que en adiante xa pagaron as correspondentes aos dous últimos anos.
Pero o PP afirma estar sorprendido porque “xa non e o primeiro, nin o segundo veciño” ao que o alcalde remite á oficina de Recadación “que alí lle arranxan o tema”. Finalmente sinala este grupo da oposición, que nesa oficina lle solucionan ao afectado “para pagar soamente os anos 2018 e 2019, e con iso arranxan”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
ESTACIONES METEOROLÓGICAS
Ourense concentra las cinco temperaturas más bajas de Galicia: todas por debajo de cero grados