O PSdeG do Irixo pide ao Concello axudas para facer novos velorios
O portavoz do grupo municipal socialista, Iago Fariñas, lembra que hai parroquias nas que non foi posible acometer as obras necesarias para adaptar os seus antigos velorios á nova lexislación
O grupo municipal socialista do Irixo presentou una moción, pedindo que o Concello habilite unhas partidas orzamentarias nos novos orzamentos de 2017 para axudar a que os veciños, de ser o caso nos seus pobos ou parroquias, poidan facer fronte ós gastos para a adaptación á nova lexislación dos seus locais sociais como velorios ou de non ser posible dotar esas instalacións dunha nova ubicación.
O PSdeG tamén insta ao Concello a que habilite nesa mesma partida nos orzamentos de 2017 unha parte para melloras nos velorios xa adaptados sufragados por veciños, asociacións ou comunidades de montes.
O portavoz do grupo municipal socialista, Iago Fariñas, lembra que hai parroquias nas que non foi posible acometer as obras necesarias para adaptar os seus antigos velorios á nova lexislación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N