O PSdeG reclama liñas de crédito para adaptar os locais sociais a velorios
O CARBALLIÑO
A portavoz de Sanidade do grupo parlamentario socialista, Carmen Acuña, explica que o Decreto de Sanidade Mortuoria de Galicia impide continuar coa tradición de velar aos finados no seu entorno.
A portavoz de Sanidade do grupo parlamentario socialista, Carmen Acuña, presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego que acorde coa Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) liñas de crédito dirixidas a adaptar á legalidade os locais que están a ser utilizados como velorios. Explica que o Decreto de Sanidade Mortuoria de Galicia impide continuar coa tradición de velar aos finados no seu entorno.
Acuña propón un inventario dos velorios existentes no rural galego que estean "emprazados en locais que non estean adaptados para ese uso" e poder así comezar coa súa regularización. Sinala que, actualmente, moitas parroquias rurais, diante da falla de medios, "utilizan a Casa do Pobo, a antiga escola ou mesmo o forno comunal", xa que os tanatorios das funerarias atópanse a maioría das veces a varios quilómetros.
A socialista advirte que a norma, aprobada pola Xunta en novembro de 2014, "repercute na nosa tradición, na nosa identidade de velar aos defuntos nas casas ou no propio entorno, como se fixo desde sempre". Privar ás parroquias desta posibilidade, engade, "carrexa un cambio cultural dificultoso". A deputada insta ao goberno galego a "contemplar un período de adaptación e ofrecer tódalas facilidades necesarias para poder mudar a situación".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
REPUNTE EN CASOS POSITVOS
El covid vuelve a dispararse en España antes de que llegue la temporada de virus respiratorios
“Un campo cheo de estrelas”
Vídeo | El Xacobeo 2027 estrena himno e identidad visual con la estrella del Botafumeiro como símbolo