A realización de catas arqueolóxicas retrasará o proxecto de rehabilitación de O Mosteiro
O Concello do Carballiño aporta 160.000 euros no convenio cos ministerios de Fomento e Cultura
A elaboración do proxecto de rehabilitación do conxunto medieval do Mosteiro, na parroquia carballiñesa de Lobás, sufrirá un retraso de seis meses pola esixencia de Patrimonio de realizar catas arqueolóxicas no seu entorno. Neste sentido, o alcalde, Carlos Montes, sinala que temos previsto presentalo ante Fomento para que sexa aprobado en outubro. Unha demora que non é do agrado da asociación promotora da restauración, xa que había un compromiso de ter rematada a memoria das obras en febreiro.
O proxecto para a rehabilitación do conxunto histórico artístico emplazado na localidade carballiñesa do Mosteiro de Lobás, que está integrado por unha abadía do século XIII e unha igrexa románica, vaise retrasar ata o vindeiro outono. Deste xeito, non se cumpliu a previsión do equipo municipal de goberno do Carballiño de ter presentada en febreiro unha memoria das obras para a súa inclusión no convenio do 1% que Fomento destina a iste tipo de restauracións.
Ó respecto, o alcalde carballiñés, Carlos Montes, sinala que ó estar catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural), a Dirección Xeral de Patrimonio apuntou que antes de comezar a redacción do proxecto hai que realizar prospeccións arqueolóxicas no entorno do Mosteiro. Neste sentido, o rexedor comenta que os expertos sospeitan que baixo a igrexa hai unha cripta onde poden estar soterrados os abadesas e monxes do antigo mosteiro benedictino.
Actualización
Carlos Montes engade que unha vez rematadas estas catas, os técnicos municipais coa colaboración dos adscritos a Patrimonio xa poderán redactar o proxecto e así poder presentalo antes de que se reúna a comisión de evaluación de Fomento, no mes de outubro. O alcalde do Carballiño lembra que o Concello tiña feito un proxecto do ano 1995, pero haberá que actualizalo e axeitalo ós resultados arqueolóxicos.
O obxectivo é levar a cabo a restauración da igrexa e converter o mosteiro nun edificio multicultural cun centro de interpretación do patrimonio, unha sala de proxeccións audiovisuais e un pequeno auditorio, indica o rexedor. O Concello carballiñés contempla nos orzamentos deste ano unha partida de 800.000 euros para as obras, dos cales deberá aportar unha porcentaxe do 20%, é dicir, 160.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Os libros non son para o verán
CAMPEONATO EN ITALIA
El Mundial espera a los ourensanos
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles