FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
"ROCK Á GALEGA"
O Auditorio Manuel María do Carballiño acolle hoxe ás 20,00 horas e con entrada de balde o espectáculo “Rock á galega”, a cargo da Banda de Música de Arzúa.
Este foi o espectáculo que acadou a maior puntuación do concurso “CreaSons”, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares coa colaboración da Axencia Galega de Industriais Culturais (Agadic), para recoñer iniciativas que exploran novos escenarios musicais fusionando diversas manifestacións ou estilos artísticos.
O evento foi presentado polo concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, e o vicepresidente da Federación, José Luis Tielas, quen salientou que a Banda de Arzúa “é unha das mais punteiras en Galicia en ofrecer este tipo de concertos. De feito xa ten participado en varios festivais internacionais, coma é o caso do Festival da Luz, que a coloca coma unha das bandas máis importantes de Galicia”.
Así, os 70 músicos que integran a agrupación amosarán no Carballiño “unha maridaxe entre o sinfonismo e os ritmos mais actuais, como pop, rock ou música electrónica, incorporando para elo outros instrumentos como a batería, guitarra eléctrica ou baixos”.
En este concerto, os músicos farán un percorrido polos grandes éxitos do pop e do rock de todos os tempos interpretando temas de artistas tan recoñecidos como Abba, ACDC, The Beatles,Scorpions, Michael Jackson, Bon Jovi, Los Suaves ou Rosendo, entre outros.
O edil de Cultura fixo un chamamento aos veciños e veciñas do Carballiño para que acudan a este espectáculo “único e innovador, que nos permitirá desfrutar dos mellores temas do rock, coa interpretación dunha banda de música senlleira”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último