FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O próximo sábado terá lugar a II Andaina Cultural Camiño de Nós (1926-2022). Trátase dunha das actividades programadas para reivindicar o tramo que fixeron cinco galeguistas da Xeración Nós desde Ourense a Compostela como unha variante da Vía da Prata e tamén para que sexa declarado este camiño polo Xacobeo como Itinerario Cultural.
A Deputación de Ourense impulsa esta iniciativa na que se involucran tamén os 10 concellos polos que pasaron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo no ano 1926, e tamén a Fundación Insua dos Poetas.
No 2020 xa se publicou un libro da crónica que escribiu Xavier Pardo sobre as experiencias que viviron no camiño.
A andaina comezará as 11,00 horas do 1 de outubro e este ano como novidade partirá da Praza dos Liborianos, no Carballiño, onde estaba ubicado o desaparecido Hotel Carlos, onde fixeron noite os camiñantes. Tamén se procederá ao develamento dunha placa alusiva a súa estancia no Carballiño.
A andaina continuará por Ponte Veiga, A Costiña, Barro, Pazo de Madarnás, Igrexa de Madarnás, A Esgueva, Ponte do Eixán e Insua dos Poetas, onde haberá unha degustación de produtos da comarca. Os interesados deberán inscribirse en oixcultura@carballino.gal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último