ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
25N
O Concello do Carballiño conmemorará o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres con actividades que incluirán teatro, unha charla informativa, un taller de baile e o acto institucional.
A edil de Igualdade, Silvia Baranda, presentou onte a programación, xunto ás traballadoras do Centro de Información á Muller. Un cartel que inclúe como novidade a performance“Saír Correndo” na que os grupos de teatro Agromar de Sagra, Dar Trela e o grupo de pais e nais da Universidade Laboral de Ourense, realizarán unha representación polas rúas da vila, coa colaboración de veciños e músicos, cuxa data está pendiente de concretar. O mércores 27 de novembro no IES nº1 desenvolveráse a charla “Agresións e violencia sexual” a cargo de María Angélica Mercado Torres, especialista de estudios de xénero e política de Igualdade.
O acto institucional será o venres 29 de novembro ás 12,00 horas no salón de plenos do Concello, coa participación do alumnado dos centros educativos, Cruz Vermella, Bo Día Familia, Aspadisi, Asdifica e asociacións de mulleres, e incluirá á lectura dun manifesto.
No marco da programación inclúese un taller de baile terapéutico latino, afro e oriental os mércores pola tarde, no que as interesadas poden xa inscribirse no correo cim@carballino.gal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último
SESIÓN DE CONTROL DEL GOBIERNO
Sánchez da "todo su apoyo" a Zapatero y Feijóo pide su salida para que no siga "manchando" la Presidencia del Gobierno