Un total de 35 obras optan ao Premio Antón Losada Diéguez de Carballiño y Boborás
CERTAMEN LITERARIO
Un total de 19 obras literarias e 16 de ensaio e investigación optan ao Premio Antón Losada Dieguez, que organizan os concellos de Carballiño e Boborás, contando co apoio da Deputación provincial de Ourense
Trátase da 39ª edición, e terá unha dotación de 12.000 euros, a repartir entre as dúas categorías. O xurado emitirá o seu fallo o próximo 20 de abril, no Concello de Boborás, ao que corresponde este ano a organización, turnándose co de Carballiño.
A entrega dos premios terá lugar o día 15 do próximo mes de xuño, no pazo dos Losada, en Moldes (Boborás), no transcurso dun acto literario.
O xurado está integrado por representantes da Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Museo do Pobo Galego, Deputación provincial de Ourense, Concello do Carballiño e das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, estando presidido nesta edición pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres.
As obras deben estar escritas en galego e son remitidas polas editoriais, sen intervir os autores, segundo se contempla nas bases, na que se recolle tamén que deberán ser publicadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2023, para optar ao XXXIX Premio Antón Losada Diéguez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga