8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
O CARBALLIÑO
n n n O Concello do Carballiño contará cun stand propio na feira de turismo "Expocidades", que organiza o Eixo Atlántico na cidade portuguesa de Braga durante esta fin de semana. Vintecinco cidades, vilas e deputacións provinciais de Galicia e Portugal estarán representadas nesta feira que comeza hoxe e remata o próximo domingo, 2 de xuño.
Da provincia de Ourense haberá stands do Carballiño, Ourense capital e a Eurocidade Chaves-Verín.
A área de Turismo do Concello do Carballiño acude a esta feira co obxectivo de promocionar os recursos turísticos da vila e do municipio, como son os dous balnearios, As Caldas de Partovia e o Gran Balneario; a gastronomía orientada sobre todo ao pulpo á feira; o patrimonio natural e monumental, destacando a igrexa da Veracruz, o Parque municipal e a área etnográfica; as grandes celebracións festivas como a Festa do Pulpo, na que o desenvolvemento de actividades e espectáculos prolóngase durante máis de quince días; o Entroido de Verán e a Feira medieval A Liorta; tamén os aloxamentos en hoteis e casas de turismo rural, así como no camping municipal e bungalows.
Ademais dos tradicionais folletos divulgativos que recollen información e fotografías de todos estes recursos, o stand do concello
contará cunha pantalla de plasma na que se reproducirá o vídeo "O Carballiño, Vila Turística", gravado con drons en alta definición, e que leva máis de 70.000 reproducións en Faceboock en menos dun mes.
O alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, visitarán a feira durante a xornada de hoxe, onde participarán en diversos actos, así como en programas de radio.
Os responsables municipais aproveitan que se acaba de poñer en circulación este vídeo realizado por unha empresa especializada para reforzar a promoción do concello no exterior, neste caso no país veciño de Portugal
Contenido patrocinado
También te puede interesar
8.000 NOCHES
Novo Rural crece y genera casi 800.000 euros en 2025
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Entre a forza e o muro
Benito Iglesias
La vivienda gira hacia la edificación industrializada
AVANCE ORDENADO Y CONSTRUCTIVO
Trump afirma que no cerrará un pacto precipitado con Irán