ADMITE LOS HECHOS
Condenado en Ourense por un incendio iniciado por una quema agrícola
Este domingo 22 de decembro ás 19,00 horas celebraráse no Templo da Veracruz o II Festival Nadal Coral, que unirá a 180 voces de coros infantís, xuvenís e de adultos do Carballiño e Ourense, e que como novidade terá outra actuación o día 23 na Igrexa ourensana de Santa Eufemia.
O evento terá carácter interxeracional, coa participación dos coros infantís Cantiga, EnHarmonía, CPR Vila do Arenteiro, CPI Terras de Maside, e do colexio La Purísima, xunto ao Orfeón do Carballiño e a Coral Gaudeamus de Ourense.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, o director do Orfeón e das corais infantís do Carballiño, Christian Casas, e a directora do coro Cantiga e a Coral Gaudeamus, Cristina Rodríguez, presentaron onte o evento, destacando a importancia de apostar pola canteira no canto coral.
Cristina Rodríguez animou a veciñanza a participar “para que o público comparta con nós un momento de interpretación de panxoliñas, porque é unha fermosa tradición que se está perdendo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ADMITE LOS HECHOS
Condenado en Ourense por un incendio iniciado por una quema agrícola
100 METROS CUADRADOS
Santa Mariña contará con una nueva excavación
MÁS DE 30.000 EUROS
Mejoras en la red de suministro de Toscaña
Lo último