ADMITE LOS HECHOS
Condenado en Ourense por un incendio iniciado por una quema agrícola
RECOÑECEMENTO
Ata trece mandos da Brilat "Galicia VII" de Pontevedra, asistirán este domingo á misa do mediodía no templo da Veracruz, acompañando ao xeral Cebrián Carbonell, que será nomeado Cofrade de Honor pola Cofradía da Veracruz. Neste mesmo acto relixioso será bendecida a nova imaxe "A Borriquiña", que foi realizada no obradoiro do escultor sevillano Isorna por encargo da cofradía carballiñesa.
Trátase da figura de Xesús montado nunha burra, coñecida popularmente como "A Borriquiña", que será unha das principais novidades para a procesión do Domingo de Ramos deste ano no Carballiño. É unha peza dunha gran expresividade plástica, tallada en madeira de cedro e pintada ao óleo, que permanecerá nunha das capelas laterais do templo.
O feito de que esta imaxe se bendiga este domingo ven motivado polo ascenso e traslado fóra de Galicia do xefe da Brigada de Infantería Lixeira BRILAT "Galicia VII". Cebrián Carbonell. A misa comezará ás 12,30 horas, cantada polo Orfeón do Carballiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ADMITE LOS HECHOS
Condenado en Ourense por un incendio iniciado por una quema agrícola
100 METROS CUADRADOS
Santa Mariña contará con una nueva excavación
MÁS DE 30.000 EUROS
Mejoras en la red de suministro de Toscaña
Lo último
RECUPERAR SABERES
O Museo de Olería de Niñodaguia, berce do cambio no rural
VIOLENCIA MACHISTA
Una mujer es asesinada tras ser herida numerosas veces con un arma blanca