FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
FESTA DO PULPO
Carballido foi o autor dos cartaces das últimas dúas edicións, e co deseño deste ano finalizará o compromiso que asumiu co concello durante un trienio, dando paso a novos artistas e deseñadores.
O obxectivo do concello é incentivar a implicación e colaboración dos deseñadores locais coa promoción da Festa do Pulpo.
Ata o ano 2013, o cartaz da Festa do Pulpo foi elaborado por Felipe Senén, e con anterioridade, dende a creación da festa, polo seu pai, Felipe Luis López, coa única salvedade dalgún ano no que o motivo do cartaz foron fotografías tomadas na propia Festa do Pulpo. Así que, con Xesús Carballido rematou esta tradición familiar, con dous estilos gráficos e pictóricos ben diferenciados pero moi definidos da imaxe promocional da Festa do Pulpo, que volveu cambiar hai dous anos cos collage de Xesús Carballido, que é tamén o autor da escultura "Muntem" da Praza do Emigrante.
PRESENTACIÓN
O cartaz e a tarxeta desta próxima edición, que fai a número 54, estarán confeccionados e editados no mes de xuño, para poder ser presentados e difundirse en todos os actos que se programen para promocionar a festa.
O concello traballa xa na programación de actividades que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto, durante as semanas previas a celebración.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta