A Xunta destina sete millóns a Carballiño e Bande

AXUDAS

Licítanse os servizos das residencias de maiores de ambas villas por un valor de case sete millóns de euros

Residencia de mayores de Carballiño.
Residencia de mayores de Carballiño. | La Región

O Consello da Xunta autorizou onte a licitación conxunta do servizo de atención residencial a persoas maiores dependentes nas residencias de Bande e O Carballiño, as dúas de titularidade autonómica. O obxectivo deste contrato é consolidar as prazas públicas xa existentes nestes dous centros, que suman un total de 130 no de Bande e 80 no do Carballiño.

O contrato de servizos terá unha duración inicial de dous anos e será prorrogable ata un máximo de cinco

A duración inicial do contrato será de dous anos e abarcará desde a data da súa sinatura, prevista para o día 1 de marzo do 2026, ata o 29 de febreiro de 2028. Existe a posibilidade de prorrogalo por períodos máximos dun ano ata un total de cinco. O orzamento base de licitación é de 6,9 millóns de euros e o valor estimado do contrato, tendo en conta as posibles ampliacións, é de 19,9 millóns de euros.

Logo da autorización do Consello da Xunta de Galicia, publícase o anuncio de licitación na plataforma de contratos públicos de Galicia e no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), concedendo un prazo de 30 días para a presentación de ofertas.

Contenido patrocinado

stats