A Festa Bonita de Sande asegura música e troula ata “altas horas”
A cita nace para agradecer ós socios da asociación a súa colaboración para manter vivo o rural
Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande organizan este sábado a II Festa Bonita, a segunda edición dunha cita pensada para agradecer a fidelidade dos socios, “pero aberta a todos aqueles que así o desexen”.
Este agradecemento nace de que os socios “fan posible que poidamos levar a cabo a nosa actividade, non só coa súa colaboración económica, senón tamén polo seu apoio a través da participación en cada proposta que facemos, así como os azos para seguir facendo cousas para activar a vida no rural deste pequeno recuncho do Concello de Cartelle”, afirman desde la asociación.
A xornada comezará ás 18,00 horas, cando os monitores comezarán a facer probos e xogas para tódalas idades, contarán cun inchable e o toro mecánico para os máis intrépidos.
Para repor forzas despois da acción, ofrecerase unha cea de picoteo. Esta cea, como as actividades, teñen un prezo simbólico de 3 euros para os socios. Para os que non o son e queiran participar, o prezo será de 12 euros pra os adultos e 8 euros para os menores de 9 anos.
Co bandullo cheo, os asistentes poderán gozar da proxección dun documental sobre o Entroido de Sande, feito dende Lembrame.gal, que recolle as experiencias dos días do Entroido de Sande, xunto a entrevistas feitas ó longo do ano. “Unha cita imperdible na que contamos que se sume canta máis xente, mellor”, apuntan dende a asociación.
Por suposto, coma calquera festa que se precie, a troula comezará a partir das 23,30 horas ca sesión Dj, para pasar unha noite “ó grande” con boa música ata altas horas. O evento contará con servizo de bar e tenda de merchandising.
Sorteo das rifas
Durante a noite tamén se fará o sorteo das rifas, no que con cada papeleta, optarase a un premio de 60 euros, así como lotes sorpresa entre os que se atopan almorzos en lugares de hostelería do Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUNDACIÓN CARLOS VELO
O estudoso do cine Emilio Carlos García Fernández, novo Veliano de Honra
RÁPIDA ACTUACIÓN
Susto en Cartelle al incendiarse un coche junto a una vivienda
Lo último
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico