Unha despedida rebonita ao ritual que enche de vida Sande
ENTROIDO DE SANDE
Centos de veciños e forasteiros desfrutaron onte do desfile coas máscaras e personaxes deste entroido rural que mistura elegancia e tradicións nesta parroquia de Cartelle.
As avutardas, o oso, a vaca e, por suposto, as bonitas brillaron onte no desfile rural polos camiños de Sande. O núcleo tradicional erixido ao redor da igrexa de San Salvador recuperou o bulicio, o balbordo, a alegría ao pasar das máscaras deste Entroido local que, nos últimos anos, protagonizou un ascenso tanto en participación como en recoñecementos máis alá das terras de Celanova.
Os integrantes da charanga Sorcha foron os encargados de acompañar a comitiva que, metidos no seu papel, intercalaban os bailes cos sustos e retrancas propios destas datas entre o numeroso público congregado na praza.
Música, baile e moita diversión que seguiron despois na comida popular, organizada pola asociación Entroido As Bonitas de Sande. Lacón, cocido, callos e unha doce sobremesa antes de baixar de novo en procesión ata o Cruceiro co “toxo licoreiro”, para seguir desfrutando dunha tarde de música, baile e os “números”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUNDACIÓN CARLOS VELO
O estudoso do cine Emilio Carlos García Fernández, novo Veliano de Honra
RÁPIDA ACTUACIÓN
Susto en Cartelle al incendiarse un coche junto a una vivienda
Lo último
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico