Cristina Gómez, alcaldesa de Castrelo do Val: “Seguiremos prestando servizos e un trato cercano aos veciños”
ENTREVISTA
A nova alcaldesa de Castrelo do Val relata como afronta o reto de liderar a vila, a folla de ruta para dar continuidade ao proxecto do seu pai, o finado Vicente Gómez, e os seus plans de futuro á fronte do Concello
Arquitecta técnica de profesión, Cristina Gómez Dobarrio (Verín, 1974) compartía co seu pai a paixón polas obras e proxectos. Sen experiencia previa na política local, en maio do 2025 tomou a acta de concelleira en substitución de José Ramón López e, un ano despois, acaba de converterse na primeira alcaldesa de Castrelo do Val.
Pregunta. Como xurdiu a posibilidade de asumir agora a alcaldía?
Respuesta. Pois o ano pasado nin sequera era concelleira, ía de número seis na lista e entrei no Concello pola dimisión dun compañeiro. Dende hai un tempo estaba máis ao carón dos meus pais por circunstancias obvias e, pola miña profesión de arquitecta técnica e a relación tan estreita que tiña co meu pai, funme involucrando cada vez máis no día a día das obras e proxectos municipais. Así que decidín dar este paso para continuar o seu proxecto, porque ademais hoxe non hai moita xente que queira continuar nisto. Eu non vou vivir da política, vou seguir vivindo do meu traballo como autónoma e dedicareille tódolos días tempo ao Concello. Ademais, conto co apoio incondicional de tódolos concelleiros e coa súa axuda, como xa mo teñen demostrado. Sei que van estar aí para que entre todos sigamos traballando pola veciñanza.
P. Que leccións e lembranzas garda da traxectoria do seu pai?
R. O que máis me marcou foi a súa cordialidade e humanidade. Tiña unha relación excelente con todo o mundo, daba igual de que partido político fosen, el sempre estaba ao outro lado do teléfono con moita paciencia. Iso é algo que deixa pegada, porque é moi difícil estar a esa altura. No municipalismo e no rural o fundamental é a proximidade, e iso aprendino del. Nunha gran cidade fúndese unha bombilla e xa virá alguén cambiala cando cadre, pero aquí todos nos coñecemos, mándanche un WhatsApp e tes que solucionalo deseguido. Os veciños non teñen a quen máis acudir e tes que estar aí. Eu vexo o trato diario que lle dan os funcionarios á xente e é moi bo, creo que se presta un gran servizo.
P. Cal vai ser a folla de ruta para o tempo que resta de mandato?
R. A prioridade é manter todo aquilo polo que meu pai levaba esforzándose tantos anos por Castrelo. Imos seguir con tódalas obras e co servizo diario. Nos concellos pequenos non existen as grandes obras nin os plans xigantes, do que se trata é de facer pequenas intervencións que poidan axudar para que a xente teña os mesmos servizos básicos ca nunha cidade. Temos por exemplo o parque do Terrón, cun centro multiusos no que se dan moitas clases, e onde se acaba de instalar un parque de calistenia. Trátase de dar servizo aos veciños e solucionarlles os problemas diarios. En definitiva, continuar facendo de Castrelo un sitio cómodo, fácil e bonito para vivir no que se atende ben á xente.
P. O ano que vén hai eleccións municipais. Vese continuando no cargo máis alá de maio do 2027?
R. Agora mesmo asumo unicamente o compromiso de chegar ata maio de 2027. Polo momento non pensei en ir máis alá, imos ir paso a paso.
Primera mujer regidora de una villa que es feudo socialista desde 1987
Cristina Gómez se convirtió en la primera alcaldesa de Castrelo do Val de la democracia. Antes ocuparon el cargo tres varones: Severiano Álvarez Limia, primer regidor democrático entre 1979 y 1987, primero por UCD y luego por una coalición del Partido Galeguista y Centristas de Ourense; Raúl Fernández, quien tomó el relevo en 1987 e inició la etapa socialista; y Vicente Gómez, quien asumió la Alcaldía en septiembre de 2005 tras la marcha de Fernández a la Consellería de Política Territorial.
Así, el PSOE ha mantenido el gobierno municipal castrelao de forma ininterrumpida durante casi cuatro décadas. Raúl Fernández consolidó primero esa hegemonía con cuatro mayorías absolutas consecutivas, mientras que Vicente Gómez encadenó otras cinco entre 2007 y 2023.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMERA MUJER EN LA ALCADÍA
Cristina Gómez ya es nueva alcaldesa de Castrelo do Val
METOLOGÍA INNOVADORA
Castrelo do Val pone freno al fuego gracias al uso de anillos de protección
Lo último
FUTBOL SALA FEMENINO
Ontime y Estrela ya están listos para la temporada 2026-2027
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"