Celanova convértese no epicentro do audiovisual
DO 6 AO 10 DE XULLO
O Auditorio Municipal Ilduara de Celanova será o escenario da vixésimo segunda edición do Curso de Medios Audiovisuais.
O Auditorio Municipal Ilduara de Celanova será o escenario da vixésimo segunda edición do Curso de Medios Audiovisuais (CeMAC), do 6 ao 10 de xullo. Baixo o título “Audiovisual galego. Diversidade creativa”, o encontro, presentado esta semana no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, centrarase en analizar a consolidación e o equilibrio industrial e creativo do sector en Galicia.
O programa deste ano, que mantén o seu carácter de curso universitario, vai máis alá do formato académico tradicional. A organización aposta por enriquecer a experiencia do alumnado mediante a incorporación de actividades paralelas como exposicións, concertos, presentacións e obradoiros prácticos. Nas diferentes sesións, debaterase sobre os pasos cara á normalización do ecosistema audiovisual no país, analizando a diversidade dos seus soportes e formatos actuais.
Para afondar nestas cuestións, o CeMAC reunirá a profesionais de eidos como a dirección, o guión, a produción, a fotografía ou a música. A súa presenza permitirá radiografar a situación actual das industrias culturais e explorar novas posibilidades de actuación.
A iniciativa está promovida pola Fundación Carlos Casares, a Universidade de Vigo, o Concello de Celanova e a Deputación de Ourense, co financiamento da Xunta a través de Agadic.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HISTORIA E TRADICIÓN
As rúas de Celanova revivirán o seu pasado castrexo-romano
FESTAS VIRXE DA ENCARNACIÓN
Centos de faroliños iluminan Celanova pola Ramallosa
Lo último
CONCIERTO
Sidecars en Pontevedra
DESCUENTOS DE HASTA EL 90%
El Verano Joven supera los 2,5 millones de viajes y roza los dos millones de registros