PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal de Celanova, estímulo para o consumo local
“Aires da miña terra”
Unha procura pola rede por parte do persoal da entidade permitiu atopar unha excepcional primeira edición de “Aires da miña terra”, a colección de poemas de Manuel Curros Enríquez, publicada no ano 1880 e pola cal foi denunciado polo bispo ourensán Cesáreo Rodrigo. “Atopamos un exemplar que estaba á venda nun portal de poxas, na tenda de antigüidades Decadent de Pontevedra, por un valor de 950 euros”, lembra a directora da Casa dos Poetas, Paula Conde, que, tras o acordo do padroado, deseñou unha campaña de crowdfunding para mercar esta primeira edición. “Precisamos de 95 heroes, cunha achega única de 10 euros”, lembra Conde Lengua, quen confirma que xa superaron a metade do importe.
A particularidade desta primeira edición radica na súa escaseza. Aquela denuncia da igrexa, que consideraba que o libro contiña “proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas y algunas que merecen otra censura”, implicou a incautación dos exemplares e a destrución dos moldes de impresión, ademais de excomungar a Manuel Curros Enríquez. Aínda que o poeta -defendido polo a avogado Luciano Puga- saíu airoso do litixio na Audiencia da Coruña, este ordenamento episcopal provocou que moitos exemplares desta primeira edición acabasen desaparecendo “e polo tanto, que teñan sido moi poucos os que teñen chegado ata os nosos días”, comenta Paula Conde, desexosa de poder facerlle un oco na vitrina a primeira edición.
O libro protagonista da campaña ten ademais a súa propia historia particular. A dona deste exemplar foi Herminia Fariña Cobián (Santiago de Compostela, 1904 - Meaño, Pontevedra, 1966), unha escritora e poetisa que atesourou durante anos unha completa biblioteca persoal con varias primeiras edicións de autores galegos. Así o lembra o seu neto, Pablo Sánchez, xerente do establecemento pontevedrés. “Non sei como chegou o libro á biblioteca da miña avoa”, recoñecía o empresario, que estudou historia da arte e tras pasar uns anos no mundo da restauración, deu o salto as antigüidades, en parte, polo legado da súa avoa. “Foi una muller moi moderna, que tivo unha vida peculiar”, lembra recordando que “os escritores de principios de século tiñan unha boa biblioteca” e que, posiblemente, a posición da súa familia, lle fixo contar con certos privilexios.
Na súa biblioteca persoal non faltaban libros de Rosalía e Pondal, e tamén abundaron primeiras edicións doutros escritores galegos, pero nada comparable con esta primeira edición, posiblemente protagonista do primeiro secuestro xudicial dun libro en galego. Á morte da súa avoa, a súa colección viaxou ata Madrid e estivo alí ata os anos 90, cando a familia a trouxo de volta a Galicia. Dende a súa ecléctica tenda de arte, antigüidades, decoración e coleccionismo no centro de Pontevedra, Pablo Sánchez amosa a súa satisfacción porque o libro da colección da súa avoa remate nunha institución como a Fundación Curros Enríquez, custodio do legado do poeta celanovés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal de Celanova, estímulo para o consumo local
ARTE Y EDUCACIÓN
El Festival Rebulir reúne un total de 12 compañías
NUEVO CONVENIO
Celanova impulsa la mejora del saneamiento
TRES DÍAS DE ACTIVIDADES
Fin de puente en Celanova con un maridaje de callos y compras
Lo último
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos