SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa
XI Edición
A biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova acolleu onte a presentación do programa do XI Festival Hércules Brass Celanova. No acto participaron o alcalde de Celanova, Antonio Puga, e Anxo Lorenzo, director Xeral de Cultura. Tamén interviron Marcos Vázquez, representante da Deputación de Ourense e Alejandro Vázquez, membro da asociación cultural Xingros. Ademais, estiveron como representantes Miguel Pérez, director da Banda de Música de Celanova, xunto a Sandra Quintas e Marcos Martínez, directora e xefe de estudos do centro.
Lorenzo destacou a contribución desta cita para “achegar a música de cámara e de vento-metal a todos os públicos a través dun programa cheo de artistas de alto nivel”.
Dende o 28 de xullo ata o 1 de agosto, o claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova acollerá cinco concertos da máxima categoría: a Banda de Música de Celanova; James Morrison; Boston Brass; Abraham Cupeiro e orquestra Gaos, dirixida por Fernando Briones; Isabel Rubio dirixirá o Hércules Brass Ensemble; e Adam Rapa.
Durante a cita, 102 estudantes de todo o territorio nacional recibirán formación da man de Boston Brass, co apoio de Roberto Bodí e Jon Etterbeek.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa
TEATRO Y LITERATURA
Celanova invitó a vivir el Camiño de San Rosendo
Lo último