TERROR EN CELANOVA
Celanova, de Samaín con “O Claustro das Ánimas”
Detalles del evento
O Concello de Celanova, a Deputación de Ourense e a compañía de teatro Malasombra presentaron onte unha nova proposta escénica que, de forma desenfadada e atractiva para o espectador, reproduce os pormenores do proceso xudicial sufrido polo poeta Manuel Curros Enríquez a raíz da publicación do poemario “Aires da miña terra”, no ano 1880.
O centro cultural Marcos Valcárcel albergou onte a presentación deste novo proxecto teatral, con guión de Cándido Pazó e que representará a compañía Malasombra, contando coa presencia do alcalde celanovés e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga, máis o director da área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez.
Cofinanciada no marco da Rede de Auditorios provincial de Ourense, a obra “O proceso. Unha ollada cómica a un asunto serio. O proceso xudicial contra o poeta Curros Enríquez” estrearase este venres ás 20,00 horas no Auditorio Municipal Ilduara.
Despois do estreo, este venres en Celanova, a obra xirará polos teatros galegos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERROR EN CELANOVA
Celanova, de Samaín con “O Claustro das Ánimas”
FORMACIÓN Y EMPLEO
El aula CeMIT de Celanova acoge la formación laboral de mujeres
SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa