DÉCIMO OITAVA EDICIÓN
Celanova ríndese ao baile no XVIII “Baila conmigo”
VÍTIMAS DOCUMENTADAS
Un conxunto memorialístico erixido no xardín onde se atopou a fosa dos asturianos e que o vindeiro 23 de marzo, ás 13,00 horas, será inaugurado para honrar ás vítimas documentadas enterradas no camposanto entre 1936 e 1943.
O espazo, que persigue a súa declaración como lugar de memoria, contará coa obra de Baldomero Moreiras, unha peza de ferro con dúas placas de aceiro, onde van inscritos os nomes, coroada coas siluetas de dúas pombas e elevada sobre unha sepultura. Tamén se instalará un monolito, obra de Uqui Permui, dunha serie que vincula os traballos de exhumación do Plan estatal de fosas nos diferentes cemiterios do país.
Antes desa data, hoxe sábado ás 16,30 horas, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Concello de Celanova, organizan as “II Xornadas Memoria e Muller”. O Auditorio Ilduara acollerá ás 16,30 horas a presentación do ensaio “Ciudad de la selva”, unha obra colectiva de investigación arqueolóxica e histórica publicada en 2024 por Edicións Positivas coa participación da antropóloga Olalla Álvarez, co-autora, e do editor, Francisco Macías. As xornadas concluirán o sábado 22, no mesmo escenario, coa presentación ás 20,00 horas da obra teatral “A Lola” de Avelaíña Teatro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÉCIMO OITAVA EDICIÓN
Celanova ríndese ao baile no XVIII “Baila conmigo”
ASOCIACIÓN DE TURISMO RURAL
Esta pequeña parroquia de Ourense entra en los pueblos más bonitos de España
FACILITAR O ACCESO
O PP ofrece unha xornada informativa sobre vivenda en Celanova
Lo último