CASI SESENTA AÑOS
Acevedo do Río y Celanova, la última unificación de concellos en Ourense
PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal que organiza a Asociación de comerciantes, hostaleiros, empresarios e asociados de Celanova (CHEA), unha iniciativa que se está a celebrar tódalas fins de semana deste mes e que se repetirá tamén na primeira de xaneiro co gallo de incentivar o consumo local nestas datas, recibiu onte a visita de Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo.
O responsable felicitou a asociación non só por implicar os distintos negocios no mercado senón tamén por elixir a Praza de Abastos para situalo, coa conseguinte “dinamización a maiores dos seus distintos postos”. Así, o director xeral salientou o valor deste tipo de eventos para impulsar as “vendas de proximidade”,
Alén salientou tamén que ao abeiro deste mercado se realice unha ampla programación de actividades para tódolos públicos, co obxecto de reforzar o seu atractivo para a clientela. No caso desta fin de semana, por exemplo, ademais de pinchos e música haberá un desfile solidario, cine e un obradoiro para elaborar coroas de Nadal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CASI SESENTA AÑOS
Acevedo do Río y Celanova, la última unificación de concellos en Ourense
MOSTRA DAS HISTORIAS
Celanova rescata 200 vidas de mulleres vítimas do fascismo
VERANO CULTURAL
Celanova, villa de las mil danzas al calor de Abanea
Lo último
PREMIOS CORRIPIO ALONSO
La primera edición de los Premios Corripio Alonso reúne a jurados de referencia nacional
MODA Y LUJO
Cuando el lujo dejó de emocionar