Semente no audiovisual
VOLTA Á IDADE MEDIA
O Mosteiro de Celanova regresaba a Idade Media -temporalmente- co gallo da rodaxe de “8 portas”. Un traballo de Kasa Vella, unha nova produtora do audiovisual galego que ten a súa semente nos curos de medios audiovisuais (CeMAC) que cada verán dende fai dúas décadas se desenvolven na vila.
Espadas, estandartes e gritos de “Silencio!” tomaron este mes de abril diferentes espazos de cenobio de San Rosendo. O motivo, a gravación dunha curtametraxe de fantasía medieval de Kasa Vella, “8 portas”, dirixido por Miguel Berride e con Hugo R. Morgado, como axudante de dirección e produtor executivo en Kasa Vella. “A experiencia esta a ser moi positiva. Xa coñeciamos Celanova do Cemac, eu persoalmente veño tódolos anos, e sabíamos da colaboración do Concello. O espazo adaptábase moi ben a historia e houbo moito interese da xente. Estamos moi contentos”, relataba Morgado.
Na rodaxe da batalla final estivo presente o alcalde celanovés, Antonio Puga, quen destacaba o talento galego e tamén a semente celanovesa no eido audiovisual. “Ese paso polo Cemac da que fai referencia Hugo, é unha mostra de que ten un contido real, de que os cursos que se fixeron nestes anos en Celanova dan o seu froito na vida real”, dixo o rexedor, quen destacaba o futuro do sector. “Persoas que se implican, que teñen ese gusto polo audiovisual e que se traducen en traballos, guións, preproducións, producións, gravacións… Todo redunda en beneficio destes profesionais que se dedican a esta actividade, pero tamén no noso pobo, que vai aparecer visualizado nesas rodaxes. É un atractivo máis, unha publicidade mais para Celanova”.
Un equipo de preto de 40 persoas participou na rodaxe celanovés, que tivo no antigo refectorio o prató de gravación e, nas rúas da vila, o lugar para o ocio e inspiración durante os descansos. “Como produtora empezou na Universidade cando éramos estudantes e seguimos facendo proxectos, traballando e creando… Queremos facernos un oco e queremos quedarnos”, sinalaba Hugo R. Morgado. “Cairo” e “Xogo de nenos” foron os primeiros traballos aos que agora se lles sumará “8 portas”. “Voltaremos a Celanova, porque a idea que temos é facer unha presentación aquí. Despois o moveremos por festivais”, dixo.
Para aqueles que queiran seguir os seus pasos, do 23 ao 27 de xuño celebrarase na vila unha nova edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) que este ano leva por lema “Traspasando fronteiras”. Vinte edicións ininterrumidas -agás no 2020- e máis de 1.000 persoas matriculadas nun curso de extensión audiovisual no que participaron 427 profesionais de interpretación, dirección, guionistas, produción, música, fotografía, iluminación o maquillaxe que participaron nas conferencias, faladoiros e master class que conforman o curso da Fundación Carlos Casares, co patrocinio da Universidade de Vigo, o Concello de Celanova, Deputación e Xunta de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMEIRA FASE DAS OBRAS
Vilanova dos Infantes terá unha mobilidade máis respectuosa
LADRONES DEL METAL
La “banda de los cristos” sustrae en Celanova 34 figuras en solo una noche
PIDEN DENUNCIAR OS FEITOS
Urxen protexer o histórico grafiti celanovés danado
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas