HISTORIA E TRADICIÓN
As rúas de Celanova revivirán o seu pasado castrexo-romano
Facer arte dentro da propia arte. Iso é o que fixo onte Sés no claustro de San Salvador en Celanova. A cantautora galega chegou a este recuncho máxico da provincia no marco da primeira edición do festival “Ou Yeah!”.
Subiu ao escenario coa intención de ofrecer aos asistentes unha noite inesquecible, e o certo é que non foi unha tarea demasiado complicada. A súa presenza escénica rapidamente contaxiou aos presentes, que desfrutaron dun percorrido pola longa traxectoria da artista. Sés foi fiel ao seu repertorio máis coñecido cun estilo característico: unha mestura de rock, folk galego, canción de autor latinoamericana e actitude punk. Con todo, foi “Tempestades de sal”, un dos seus temas máis recoñecibles, o que fixo vibrar máis alto ao público.
Firme cos seus principios, e como é habitual nos seus directos, Sés aproveitou o momento para por sobre a mesa letras comprometidas e mensaxes sociais. Ademais, mantivo un contacto directo co público, que sen dúbida viviu unha noite que quedará para o recordo.
O ciclo de concertos do “Ou Yeah!” continúa o o 6 de setembro en Xinzo de Limia. Na Alameda do Toural, actuarán La Guardia e Habitación Vudú —a banda local que lidera José Freiría—. Con todo, a última cita deste novo festival ourensán terá lugar o vindeiro 11 de outubro, no pavillón Paco Paz de Ourense. Alí os asistentes poderán desfrutar dunha sesión de clausura a cargo da banda Jethro Tull
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HISTORIA E TRADICIÓN
As rúas de Celanova revivirán o seu pasado castrexo-romano
FESTAS VIRXE DA ENCARNACIÓN
Centos de faroliños iluminan Celanova pola Ramallosa
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Amaral visitó Celanova?
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565