60 parellas coñecen os encantos do Pazo de Toubes, en Cenlle
VODA FICTICIA
Esta novidosa xornada de portas abertas reuniu a futuros matrimonios con profesionais do sector das vodas no Pazo de Toubes
A primeira edición da xornada de portas abertas ”Si, quero no Pazo de Toubes” reuniu o pasado domingo a 60 parellas con planes de voda, nun evento organizado co fin de axudarlles a planificar o seu gran día nun entorno único.
Os asistentes descubriron os diferentes espazos do Pazo, rodeado de viñedos e séculos de historia, e realizaron visitas guiadas coa responsable de eventos. Tamén participaron profesionais do sector, que compartiron espazo e experiencias ofrecendo asesoramento próximo e personalizado. Fotografía, vídeo, moda nupcial, música, decoración, ilustración, tatuaxes… todos co obxectivo común de inspirar e axudar a dar forma á voda soñada.
A cita contou tamén con ofertas especiais, sorteos e degustacións gastronómicas, incluíndo un cóctel a cargo do restaurante Pazo de Toubes e unha selección de viños da bodega Viña Costeira, que permitiron achegarse ao estilo culinario que podería formar parte dun banquete dunha voda real.
Un dos momentos máis emotivos foi a simulación dunha voda ficticia, na que a parella selou o seu amor a través do ritual simbólico do viño. Un xesto cargado de significado, enraizado na identidade vitivinícola do Pazo.
As parellas, moitas das cales coñeceron por primeira vez o Pazo de Toubes, quedaron namoradas do seu encanto, e algunha xa ten visita prevista para concretar detalles e avanzar nos preparativos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENTIVOS FISCAIS
Os produtores reclaman un maior apoio ao sector no OUFF
ACCIDENTE FERROVIARIO
Un hombre muere arrollado por un tren de mercancías en Laias, en Cenlle
OCIO Y NATURALEZA
Laias acoge el programa juvenil Ecoverán Termal
Lo último
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?