Manuel Rodríguez, exalcalde de Coles: "Deixo un Concello sen débeda e con bases sólidas"
ENTREVISTA
El alcalde durante 19 años del Concello de Coles renuncia por jubilación y será relevado por Susana Rodríguez, hasta ahora teniente alcalde
Pregunta. Despois de 19 anos na primeira liña, por que decide dar este paso xusto agora?
Respuesta. Xubílome. Cheguei aos 65 anos e rematou a miña etapa. Era unha decisión que xa fun meditando para dar paso a aire fresco no Concello. Creo que despois de tanto tempo, as institucións precisan esa renovación para seguir avanzando.
P. Vostede asumiu o mando en 2007 nunha situación económica complicada.
R. Foi unha etapa difícil. Cheguei nun momento no que o Concello tiña unha débeda moi grande e liquidámola nun par de anos. Conseguimos estabilizar a institución e hoxe está totalmente saneada. En pagos somos referentes, pagamos todo ao mes. Superamos a crise de 2008 e despois a pandemia, que foron dous momentos moi duros, pero saímos fortalecidos.
P. De todas as obras e servizos que puxo en marcha, cal é o que máis satisfacción lle produce?
R. Fixemos moitas infraestruturas, como o Auditorio de Cambeo ou o campo de fútbol de herba sintética, pero a Escola de Música é o referente do que máis orgulloso me sinto. Pero tamén melloramos o abastecemento, fomos un dos primeiros en usar aglomerado en quente para arranxar viais e agora somos punteiros en eficiencia enerxética coas placas fotovoltaicas e o 100% de luces LED.
P. Deixa o Concello cun patrimonio de solo público que antes non existía.
R. Compramos 130.000 metros cadrados ao Bispado porque cando entramos non había nin un metro de solo dispoñible. Agora alí poderanse facer vivendas sociais, ampliar as escolas deportivas, un cemiterio municipal ou piscinas. O Concello queda nun momento moi bo e cunhas bases moi firmes.
P. Que perfil define a Susana Rodríguez, a súa sucesora?
R. Leva moitos anos de tenente de alcalde e ten moita experiencia. Tiñamos xa moi diversificadas as áreas e ela sempre estivo moi implicada levando Cultura ou Servizos Sociais. Agora como alcaldesa só ampliará un pouco máis o seu radio de acción.
P. Despois de catro maiorías absolutas, que mensaxe lle transmite aos veciños?
R. Só me podo despedir agradecendo a todos os veciños a confianza depositada en min todos estes anos. Esa confianza é o maior orgullo dun político.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RE-HABILITA RURAL
Coles rehabilitará casas para luchar contra la despoblación
CÁMARAS PARA CONTROLARLAS
Las mujeres del club de alterne de Coles: entre drogas, techos caídos, humedades y roedores
RELEVO EN LA ALCALDÍA
Susana Rodríguez asume la alcaldía de Coles prometiendo continuidad
Lo último
POSIBLE CASO DE VIOLENCIA DE GÉNERO
Un guardia civil, su mujer e hijo son hallados muertos en su vivienda de Alicante
TENDENCIAS DIGITALES
Mi cuerpo, su voz: el "lip sync" como expresión cultural en TikTok
DECENAS DE MILES DE EUROS
Cae el primer premio de la Lotería Nacional en una villa marinera de Galicia