PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
ACTOS CULTURAIS
A Fundación Curros Enríquez de Celanova recibe o Nadal con novas presentacións e actos culturais abertos a toda a cidadanía. O escritor e mestre en Celanova, Juanjo Lamas, achegarase mañá mércores a Casa dos Poetas da localidade para presentar a súa derradeira novela, un libro de relatos titulado “O meigallo dos soños” que viu a luz da man de Edicións Fervenzas
.O acto, fixado para ás 19:30 horas na sala da lareira, contará coa presencia do autor quen acaba de recibir o IX Premio Balbino de Relatos por este traballo.
O espazo acollía este pasado fin de semana dous eventos culturais. O venres inaugurouse a exposición “Aires reinterpretados” de Julio García. O pintor presentou unha colección de cadros inspirados na obra do autor de “Longa noite de pedra”, que se poderá visitar ata o día 21 de decembro de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas (sábados dende ás 11:00 horas).
O día 30 pola maña, Pilar García Negro desprazouse ata a casa familiar de Curros Enríquez para falar sobre Rosalía de Castro con motivo da publicación do libro “O clamor da rebeldía”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
NOCHE DE MISTERIO Y TERROR
Atrévete al “Claustro das ánimas” en Celanova
Lo último
LA MAYORÍA EN EL HIERRO
Más de 1.100 migrantes llegan a Canarias en once cayucos durante el fin de semana