PROGRAMA A MAIORES
Celanova impulsa la inclusión digital de sus mayores
TURISMO
Son moitos os bancos estratexicamente situados en altos da xeografía galega que permiten divisar horizontes case máxicos. Pero o instalado en Padrenda presume de contar coas vistas máis internacionais. Dende o alto do monte Lodairo, o visitante pode contemplar parte das provincias de Pontevedra e Ourense, pero tamén da comarca portuguesa de Viana do Castelo. Son, en total, oito os concellos ata os que alcanza a vista: Crecente, Pontedeva, Cortegada, A Cañiza, Arbo, Melgaço, Quintela de Leirado e Gomesende, ademais da propia orografía de Padrenda.
Pero o punto en cuestión non só se caracteriza por estas singulares vistas, senón que dende hai uns días está presidido por una gran escultura metálica que lembra un histórico feito ocorrido nos montes de Padrenda. É a silueta dun oso pardo e simboliza ó último exemplardesta especie que habitou en Galicia, segundo explica o presidente da Asociación de Veciños, José Antonio Afonso, promotor desta instalación.
Foi no ano 1946, no lugar de Couceiros. Alí, o veciño Camilo Lloves viuse obrigado a enfrontarse a un oso pardo armado tan só cunha forquita e acompañado polo xove Rogelio, de 14 anos de idade. Valéndose nada máis que dos seus apeiros de labranza foron quen de deixar fóra de combate ó animal, que finalmente foi rematado por un axente da Garda Civil do posto fronteirizo de Ponte Barxas.
Os xornais da época son os que confirman que coa morte do oso de Padrenda púxose fin á comunidade galega desta especie, a pesar de que algúns exemplares continúan chegando ata os montes galegos de cando en vez. De feito, José Antonio Afonso asegura que en maio do ano pasado "un deles deleitouse do mel de Quiroga, en Lugo, e uns días despois foi grabado nos montes de Rubiá".
Con esta instalación no monte Lodairo, aqueles que visiten o banco coas vistas máis internacionais non só poderán gozar dun horizonte aparentemente homoxéneo pero dividido entre dous países nunha concepción política, senón que tamén terán oportunidade de lembrar que hai tan só 60 anos por alí paseaban estes maxestuosos animais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROGRAMA A MAIORES
Celanova impulsa la inclusión digital de sus mayores
MÚSICA EN DIRECTO
Lembranza Solpor fue fiel a su cita con Celanova
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 5 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 5 de febrero, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 5 de febrero
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Café con Amancio Ortega en Zara