CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
TURISMO
Un grupo de expertos do sector turístico puxo de manifesto onte a necesidade de que o sector turístico galego amplie as súas competencias no marco do marketing dixital. Deste xeito, ademais de poñer por riba da mesa as debilidades que presenta na actualidade, tamén salientaron o potencial de crecemento que presenta.
Así o concluíron no transcurso da xornada organizada polo grupo Colmeiro e a Deputación de Ourense na Casa dos Poetas, facéndoa coincidir co Día Mundil do Turismo. Alí, tanto o vicepresidente do organismo provincial, Rosendo Fernández, como o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, explicaron os proxectos de colaboración entre as dúas entidades nesta materia, que pasan polo eido das novas tecnoloxías e que inclúen iniciativas como a creación dun videoxogo basado no libro Arnoia, Arnoia, de Xosé Luís Méndez Ferrín. Xunto a eles estivo o coordinador do grupo Colmeiro e catedrático de Facenda na Universidade de Santiago, Luis Caramés, lembrando a necesidade de que as administracións se impliquen no desenvolemento de novas ferramentas aplicadas ó sector turístico.
As ponencias da xornada correron a cargo de expertos en diferentes campos. En primeiro lugar, o profesor de Marketing Dixital da USC José Manuel Porto falou sobre o comportamento do usuario en internet, resaltando a idea do "Internet das cousas". Tras del, tanto Roberto Fraga de Pilgrim (empresa dedicada ó Camiño de Santiago), como Verónica Ramallal de Pekecha lembraron que o futuro do sector pasa por ofrecer experiencias polo que se torna fundamental coñecer ó cliente así como os seus gustos e hábitos. Xa por último, Ana Pérez de Redegal explicou como adoitan os usuarios planificar as súas viaxes advertindo que Galicia está quedando atrás no emprego das ferramentas de marketing.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026