CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
9 E 10 DE NOVEMBRO
Allariz acollerá do 9 ao 10 de novembro, a XXVIII Feira de Outono, o evento que promove os produtos de tempada e a gastronomía local. Máis de trinta produtores da Reserva da Biosfera de Allariz, de Galicia, de Castela e León e de Portugal confirmaron a súa participación no evento que terá lugar no pavillón do Instituto de Allariz, de 10,30 a 20,00 horas, cunha ampla variedade de produtos de tempada como mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados.
A feira, subliñaban na súa presentación a alcaldesa Cristina Cid e a concelleira de Promoción Económica María López, “é unha oportunidade perfecta para descubrir unha ampla despensa de produtos de alta calidade, que dinamizan a economía e promoven hábitos de consumo saudables”. Así mesmo, ofrecerá un amplo programa de actividades para todos os públicos e sorteo de agasallos entre aqueles que realicen adquisicións nos diferentes stands.
Entre as propostas, destacan as demostracións culinarias en directo, obradoiros para nenos, saídas micolóxicas guiadas para recoñecer cogomelos e degustacións de produtos típicos do outono. Un clásico das actividades programadas serán as saídas micolóxicas guiadas por José Gómez Bragaña, experto do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, previstas tanto o sábado como o domingo (previa inscrición).
Un dos grandes atractivos da feira, subliñaban dende o Concello, será a zona de cociña, onde se poderán degustar pratos elaborados con produtos de tempada. Ademais, algúns restaurantes de Allariz ofrecerán menús e tapas especiais con produtos do outono, e sortearán unha comida para dúas persoas entre aqueles que participen probando os menús nos establecementos colaboradores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?