"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
NOVA PLACA CONMEMORATIVA
Veciños de Santa María, unha pequena aldea da parroquia de Vilanova dos Infantes (Celanova), participaban este domingo nun sinxelo pero emotivo acto conmemorativo no marco das súas festas locais. Tratouse do descubrimento dunha placa conmemorativa do antigo Mosteiro de San Maria que, no ano 936, fundaron Ilduara Eiriz e Adosinda Gutiérrez, nai e irmá de San Rosendo.
Tras o oficio relixioso, e coa ambientación musical da Banda de Música de Vilanova dos Infantes, os veciños asistiron ao descubrimento da placa que inmortaliza o lugar no que se situou o mosteiro feminino“da orde benedictina funcionou como abadia feminina”, lembraba Xan Carlos Fernández, integrante da Asociación de Veciños Gutier Menéndez, encargado de relatar a historia deste moncato que, no ano 1270, “por orde de Afonso X “O Sabio”, pasou a depender de Santa Clara de Allariz onde se trasladaron as súas monxas e as suas rendas”, dixo, lembrando aos presentes que, tras o seu abandono, o mosteiro quedou como igrexa parroquial ata 1614, data na que se construíu o actual templo parroquial de San Salvador e, como no ano 1898, as súas pedras foron vendidas en poxa pública.
Actualmente, trasladan desde a asociación veciñal, “localizanse varios dos seus restos mozárabes no Museu Arqueolóxico, na casa reitoral de Vilanova e nalgunhas vivendas particulares”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
Lo último
VULNERACIÓN DE DERECHOS
El maquinista del Alvia pide paralizar su ingreso en prisión
EVENTOS CULTURALES
Regreso a casa a través de la música, el baile o la cocina en Galicia
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 15 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 15 de mayo