CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
FESTA DOS MAIOS
Para o xurado de La Región darse á tarefa de escoller maios e coplas non foi unha decisión que se tomase á lixeira ante a calidade das propostas de asociacións culturais, colexios e particulares. Na seguinte imaxe pódese ver os cuíces cos paraugas.
Tras máis de dúas horas de análise, avaliación minuciosa dos maios e escoita atenta das coplas, e en xusta e natural lide logo dunha deliberación con choiva polo medio, os triunfadores da xornada foron desvelándose nas súas respectivas categorías. O recoñecemento ao Maio Artístico recaeu na Agrupación Rato de Biblioteca, que recibiu un vale de 1.000 euros en Leroy Merlin e outro de 1.000 euros en Coren Grill co seu "Anxo caído".
Pola súa banda, o Colexio Sagrado Corazón de Celanova alzouse co premio ao Maio Tradicional, obtendo un vale de 700 euros en Bermello.
Por outra parte, a Anpa CEIP Inmaculada de Ourense gañou na categoría de Maio Creativo, sendo tamén galardoada cun vale de 700 euros en Bermello.
No apartado musical, os alumnos de sexto de primaria do Ceip As Mercedes fixéronse co premio á Mellor Copla Infantil, logrando un vale de 200 euros en Tanco e outro de 500 euros en Grupo Cuevas.
En canto á categoría de adultos, a Agrupación Cultural Auriense foi a gañadora da Mellor Copla, recibindo vales de 500 euros tanto en Grupo Cuevas como en Bermello.
Finalmente, o Premio Especial de La Región ao mellor maio da xornada, que foi parar ás mans da Asociación Cultural Os Lolailos, quen recibiron 1.000 euros en metálico pola súa proposta, e fixeron pública a súa disposición de doar a metade do premio para destinalo á beneficencia.
O espírito da Festa dos Maios, máis alá do abundante verde, tamén personifica outra tradición arraigada en Ourense: a solidariedade.
Maio artístico: Agrupación Rato de Biblioteca
Maio tradicional: Colexio Sagrado Corazón de Celanova
Maio creativo: Anpa Ceip Inmaculada de Ourense
Premio Mellor copla infantil: Ceip As Mercedes - 6º primaria
Premio mellor copla adultos: Agrupación Cultural Auriense
Premio especial de La Región ao mellor maio: Asociación Cultural Os Lolailos
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
DÍA DE TODOS LOS SANTOS
Galería | Los ourensanos acuden a los cementerios para visitar a sus seres queridos
Lo último