Homenaxe ás familias dos fusilados no 1939
O Comité pola Memoria Histórica da comarca de Celanova organiza os actos na xornada do sábado 4 de xuño
O Comité pola Memoria Histórica da comarca de Celanova organizará o 4 de xuño unha homenaxe ás familias dos asturianos fusilados no cemiterio de Celanova en 1939. No acto colabora o Concello de Celanova e consistirá nunha recepción ás familias de Marcelino Fernández e Abelardo Suárez, dous das sete vítimas, ás 12,00 horas na Casa Consistorial, coa participación do Comité e da Corporación. Ás 17,00 horas, os actos serán no salón de actos do Instituto Celso Emilio Ferreiro coa presentación do ensaio “A porta do inferno. O Campo de concentración de Camposancos”, polos seus autores, José Antonio Uris, e a conferencia “As exhumacións de fosas en Galiza” a cargo do médico forense Fernando Serrulla e o arqueólogo Fran Alonso.
Precisamente Serrulla viaxou este ano a Xixón para obter as probas de ADN de Josefa, filla de Marcelino Fernández, e das netas de Abelardo Suárez. O Comité destaca a participación do Concello e a recepción, “o primeiro recoñecemento oficial ás vítimas da fosa”, e agradecían ao Instituto a cesión do salón de actos, “un espazo que en 1939 era ‘La Leona’, onde traían aos condenados a morte”, lembraban.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NOVAS XENERACIÓNS PP
Miguel Ángel Blanco, un “exemplo para os mozos”
ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
Lo último
SU ADVERTENCIA MÁS GRAVE
Trump intensifica sus amenazas a Irán: “Una civilización entera morirá esta noche”
AMPLIAS MAYORÍAS NECESARIAS
Luz verde del Gobierno la reforma constitucional para blindar el derecho al aborto