Mari Luz González: “O meco é algo único, que nos caracteriza e que nos dá identidade como pobo”
La coorganizadora del Entroido en As Teixugueiras explica cómo será a celebración deste ano
O meco volverá a percorrer este ano os vellos camiños e pistas das aldeas de Xinzo e As Teixugueiras, no concello de Cartelle. Dous veciñas, Marisol e Mari Luz González, son as encargadas de ultimar os preparativos duns festexos que se desenvolverán de domingo a martes nun dos festexos máis anárquicos e ancestrais da provincia..
Como se presenta o Entroido?
Con moitas gañas despois do que levamos pasado. A xente está coa ilusión de saír e consideramos que os datos están mellorando, cada vez hai menos restricións e vamos a intentar organizarlo adaptados as circunstancias actuais. O outro día, falando cun veciño dos máis vellos, dicíame: “Sempre para adiante”, e niso estamos.
Que define ao Entroido das Teixugueiras?
A característica deste Entroido é que non o hai en ningún outro sitio. A figura do meco: saír ao monte o luns, a corrida do martes… Non hai ningún outro sitio de Galicia que o faga. É o que nos caracteriza e o que nos dá identidade como pobo e que temos que conservar. Logo, dentro da anarquía, temos unha orde. Quizais non sabemos a que hora imos saír ou onde está o meco o luns pola noite, pero á hora da corrida, o meco non se sae do camiño de Outeiro.
Para os veciños serán datas especiais
Uf, eu levo dende os 16 anos saíndo. Isto é a identidade do pobo. Tamén temos aos peliqueiros, que fai anos eu mesma empecei a recuperar, pero iso o teñen noutros sitios. O meco é algo único e que se mantén grazas a que houbo moita xente antes que nós que, ano tras ano, mantivo viva esta tradición. E iso é o que lle temos que transmitir aos mozos para que non se perda. Ademáis é unha festa para todos, onde saen dende nenos de dez anos ata avós con 90. Todos compartimos a festa!.
Cal é a programación deste ano?
Este ano trataremos de manter a programación doutros anos, aínda que polas actuais circunstancias non lle imos dar moita publicidade. Haberá gaiteiros o domingo e o luns sairemos a facer o meco e despois os veciños compartiremos unha cea nunha carpa. O martes será a corrida do meco ao aire libre, mantendo as distancias e as medidas fixadas pola pandemia. Tamén teremos pola tardiña a lectura do testamento do meco onde, en clave de humor, narraremos o que pasou no pobo no último ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
NUEVO FICHAJE
Xabi Oroz, un base de garantías para el COB
CORREDOR LOCAL MÁS RÁPIDO
Fermín Sousa recoge el premio José Luis Outeiriño del 59º Rally de Ourense