Obradoiros, xogos e música animarán a “Verbena do Rella”
Rebulir organiza o sábano na Praza de San Andrés de Vilavidal unha festa interxeracional con zona gastronómica
“A Verbena do Rella” encherá de música e cultura tradicional este sábado a praza de San Andrés de Vilavidal. O colectivo Rebulir e o Concello de Ramirás presentaron onte o cartel da actividade, que é unha continuación da Noite de Fiadeiro. A festa que, como indican os organizadores, “morreu de éxito” dado que a cantidade de xente que acudía era moi superior a agardada para un evento que pretende manter a esencia tradicional.
Tras dous anos de pandemia, Rebulir presenta este novo formato que contará con obradoiros de baile, xogos e animacións de rúa desde as 16,00 horas e, a partir das 20,00 horas, un festival a modo de peche do curso escolar no que participarán todos os grupos da Escola de Rebulir e tamén da Mestre Gacio de Lestedo. O prato forte chegará co serán, cunha verbena onde as agrupacións Candaira, Carapaus, Airiños de Caldelas y Tanto nos Ten moverán aos asistentes ata a madrugada ao ritmo de pasodobres, rumbas, muiñeiras ou xotas.
A festa interxeracional, onde haberá unha zona gastronómica con racións para a venda, tamén servirá para poñer en valor a figura de Manuel “O Rella” un gaiteiro nado en Cartelle, “pero que tivo a súa residencia en Ramirás, e quen animou canta festa e romaría había na contorna”, lembran dende Rebulir, colectivo que sigue apostando por facer do rural un espazo vivo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
Lo último