ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
DOMINGO DE PENTECOSTÉS
O concello de Cartelle viviu onte un Domingo de Pentecostés cargado de emoción, fervor e bulicio na súa tradicional romaría na honra da Virxe das Maravillas, que este ano recuperou con éxito a tradicional feira de artesanía, que deixara de celebrarse nos anos 50 do século pasado.
Dende primeira hora da mañá, os arredores do santuario enchéronse de veciños e visitantes atraídos polos máis de cen postos instalados para a ocasión, onde se ofreceron durante todo o día produtos hortícolas, artesanía, antigüidades e unha variada proposta téxtil e alimentaria.
O punto central foi a procesión dos pendóns, arcos florais e ramos feitos con bolas de cores, que lle dan singularidade a esta comitiva, e que acompañaron a imaxe da Virxe, acompañados de multitude de veciños. As actuacións de Vilatuke, BCB e Ritmo Joven pecharon o día.
O santuario mariano acolle hoxe o seu día grande con misas e a tradicional procesión ata a Cruz, con amenización musical todo o día e a actuación da orquestra Saudade á noite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último