PRIMEIRA ANDAINA
Lobeira estreou ó grande as “Rutas que Rexeneran”
FESTA TRADICIONAL
A comarca da Baixa Limia tiña onte unha cita ineludible en Lobeira co gallo dunha das súas celebracións máis senlleiras, a romaría na honra da Nosa Señora do Viso, coincidindo co domingo de Pentecostés. Centos de persoas acompañaron a imaxe da Virxe do Viso no seu traslado dende a igrexa parroquial ata o santuario, no alto do monte, onde tivo lugar a tradicional misa solemne campestre.
Nun día solleiro, que contribuíu a que moitos fieis chegados de comarcas limítrofes participaran nos actos relixiosos, tampouco faltaron no exterior do santuario os distintos postos gastronómicos e de artesáns. A música ao longo da xornada correu a cargo de varios grupos tradicionais, e a misa estivo acompañada pola coral Camerata Auriense.
Cunha nova misa a media tarde púxose fin a tres días de romaría, que o sábado á noite presumiu dun concerto da artista Pili Pampín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMEIRA ANDAINA
Lobeira estreou ó grande as “Rutas que Rexeneran”
TEJER COMUNIDAD
“A Maiores” se despide hasta otoño pasándolo como niños
A MAIORES
La mente también se entrena en Lobeira
Lo último