O proxecto eólico do Monte da Neve irá ao Parlamento
O BNG reclama protección "dos lugares fundacionais de Celanova" ameazados por unha iniciativa alemá
O proxecto eólico “Monte da Neve” entre Celanova e Verea chegará ao Parlamento. O deputado nacionalista Iago Tabarés anunciou onte nunha xornada informativa coa veciñanza celanovesa que esixirá ao Goberno galego a que emprenda as medidas necesarias para dotar de protección os bens patrimoniais descubertos na contorna da Casa da Neve. Os nacionalistas subliñan que o proxecto eólico producirá “un enorme movemento de terras e destruiría para sempre os vestixios que un informe arqueolóxico municipal cualifica como “os lugares primitivos fundacionais do mosteiro de Celanova e a necrópole megalítica da bisbarra de Celanova”.
O expediente en tramitación contempla a instalación de aeroxeneradores a menos de tres quilómetros do Mosteiro e moi próximo a aldeas como Sampil, Amoroce ou Cañón. O BNG subliña que, en Alemaña, onde ten a sede a empresa BayWa que controla o 100% do capital da explotación enerxética proxectada, “unha instalación destas características está prohibida porque as máquinas deberían situarse a unha distancia mínima das casas igual a dez veces a altura dos muíños; neste caso, a 1,77 quilómetros”.
Tanto Tabarés como o portavoz Leopoldo Rodríguez insistiron no posicionamento do BNG a favor dunhas enerxías limpas “que son necesarias mais que non deben ser instaladas en calquera sitio a costa de valores naturais, patrimoniais ou paisaxísticos, nun país como Galiza excendetario en produción eléctrica”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DELITO CONTRA LA LIBERTAD SEXUAL
Detenido en Ordes un hombre de 37 años por mantener relaciones sexuales con una menor de 16 años