PROGRAMA A MAIORES
Celanova impulsa la inclusión digital de sus mayores
Vilanova dos Infantes acollerá o próximo 17 de maio a romaría etnográfica Raigame nunha edición con “máis de 150 propostas, entre os 107 postos de artesanía e gastronomía, e as actividades e actuacións de preto de 40 grupos nun pobo onde hoxe residen 125 persoas”. Así o resaltou onte o alcalde de Celanova, Antonio Puga, no transcurso da presentación do programa na Deputación de Ourense, institución organizadora xunto co Concello de Celanova, e no que tamén participou o deputado de Cooperación Pablo Pérez. A colaboración institucional entre o Concello e a Deputación fai realidade “unha festa máxica, cunha excepcional cifra de visitantes e unha altísima calidade”, dixo Pérez sobre unha reivindicación cultural ”que é central na acción de goberno da Deputación”.
Ambos destacaron e agradeceron a labor dos traballadores da administración local e provincial que fan posible unha edición, a número 20, que este ano estará adicada á figura dos canteiros -no centenario da declaración de Monumento Nacional da capela de San Miguel-, e onde se fará entrega do premio “Adolfo Enríquez” ao escultor Xosé Cid, moi vinculado coa comarca de Terra de Celanova, e que “no seus inicios comezou como canteiro e que foi evolucionando até se converter nun dos artistas máis recoñecidos da nosa provincia”, engadía dende a organización Xavier Álvarez.
No marco da presentación tamén se deron a coñecer as bases dos concursos de fotografía, microvídeos e, como novidade deste ano, un certame de decoración das vivendas de Vilanova, para facer aos veciños un elemento activo da romaría. Asemade, tamén se presentou, da man de Xulio Fernández Senra, o número 49 da revista “Raigame” adicado a Elixio Rivas, medalla de ouro da provincia e falecido en 2022.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROGRAMA A MAIORES
Celanova impulsa la inclusión digital de sus mayores
MÚSICA EN DIRECTO
Lembranza Solpor fue fiel a su cita con Celanova
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”