Rebulir encheu Ramirás de música, baile e diversidade
PRESERVACIÓN CULTURAL
O festival, que remata hoxe en Vilavidal, congregou a medio millar de persoas na gala do Picouto
Centos de persoas encheron onte o polideportivo do Picouto, en Ramirás, na gala central do Festival Internacional Rebulir (FIR). A música e o baile do país compartiron escenario coas danzas e melodías propias doutras latitudes, de Asturias e Valencia, pero tamén de Portugal, Timor Leste e México. Intercambio cultural e diversidade foron o denominador común dun evento que visibilizou que o rural está vivo e ten a mellor receita para a preservación da cultura galega: a súa xente.
Co aforo cheo dende fai días e máis de 200 persoas en lista de garda, o polideportivo vibrou e desfrutou coas actuacións das agrupacións Escontra’l Raigañu, Danses i Cançons Castalla, Jogo Pau de Moita, Academia Timorenses, Leyendas de México e Marichis Vigo, máis os anfitrións de Rebulir. Unha gala presentada por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira no transcurso da cal se fixeron entrega os premios Rebulir Cultura Galega 2024 ao grupo Treixadura, á actriz Isabel Risco e á Asociación de gaiteiros e gaiteras galegas, ademais dunha mención especial á Emigración galega en Cataluña pola súa contribución a manter a cultura do país lonxe da terra. Galardóns que recolleron da man do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, José González; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo.
Fai anos que o FIR consolidouse como unha cita ineludible no calendario cultural galego. Un evento que vai máis alá da propia gala, que dende o xoves ata hoxe domingo, congregou media ducia de actividades para nenos e maiores, palestras, exposicións e pasarrúas que se desenvolveron en diferentes localizacións de Ramirás, Celanova e Ramirás nunha edición adicada á muller rural e o seu papel fundamental como piares da sociedade rural galega. A edición de 2024, a máis longa e con maior participantes destes anos, rematará hoxe a partir de mediodía coa animación pola feira de Vilavidal dos integrantes dos grupos Escontra’l Raigañu de Asturias e os portugueses da Asociación Escola Jogo Pau de Moita.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico