As risas están aseguradas o sábado en Celanova da man do cómico Touriñán
HUMOR
O humorista coruñés trae á vila celanovesa un monólogo que repasa a súa vida titulado “claustrorisas”
O actor, humorista, director e guionista coruñés Xosé Antonio Touriñán aterra este vindeiro sábado en Celanova co seu monólogo “ClaustroRisas”.
As entradas para este espectáculo de humor, que terá lugar no claustro do Monasterio de San Salvador ás 22,30 horas, xa se atopan dispoñibles á venda.
O polifacético humorista volve a Ourense despois de encandilar recentemente ao público da provincia co seu papel protagonista no filme Cuñados 2, rodado integramente en Ourense.
Sinopse
Ao longo do monólogo, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos clave do seu camiño vital cos que non é difícil sentirse identificados.
Ademais, o humorista tamén mestura realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega. Un percorrida pola vida de Touriñán nun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, así como todas as boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser quen é hoxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último